Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

SAMAÍN 2022

Do 27 ó 29 de outubro inclusive celebra connosco o Samaín.

Fai a túa ruta e desfruta no teu barrio!!!

PARTICIPARÁS NO SORTEO DE VARIOS VALES PARA GASTAR NOS NEGOCIOS ASOCIADOS A ACOCEM

Pide as bases do concurso no interior dos comercios participantes

O mapa tamén se obtén co código QR que está nos carteis pegados nos comercios participantes.

Fotos da festa de peche do noso Samaín

Fotos dos gañadores do concurso de disfraces

Nico gañou o primeiro premio, conseguindo 60 € repartido en tres vales de 20€ para gastar noutros tantos asociados de ACOCEM. Será o neno máis buscado no patio, seguro que os compis lle piden regaliños.

Jorge levou o segundo premio, terá 40 € repartido en dous vales de 20 € a gastar noutros tantos asociados de ACOCEM. Non tardou moito en ter claro que tenda de chuches asaltar.

Gabi recolleo o seu segundo premio na nosa festa final do Samaín, ¿que pensará en mercar con esa cara de pillo? Levou dous vales de 20 € para gastar en dous dos nosos negocios asociados.

Guille foi o noso particular Joker este Samaín, gañou o terceiro premio e gastará o seu vale de 20 € nalgún dos negocios asociados dos nosos barrios, Castrillón, Eirís e Monelos. Axudará a que impere a anarquía como só os nenos e as personaxes tan extremas coma o Joker poden conseguir.


Fotos dos gañadores do sorteo dos mapas completados da nosa Ruta de Truco ou Trato.

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: